UN LUGAR CHAMADO MUNDO



Fomos ao Teatro da Área Panorámica para ver un concerto didáctico do grupo Verdeveras.





O espectáculo titúlase “Un lugar chamado mundo” e quere poñer en valor a regueifa coma patrimonio cultural galego.






A protagonista, Mariña, é unha regueifeira que queda sen palabras e empeza a viaxar por diferentes continentes para encontrar novas historias que contar. Faino xunto a Nicolai, un aviador xubilado, que a levará de Galicia a Italia, China, Cuba e Senegal.

En cada país aprende algo novo: contos, bailes, cancións… 

E reflexiona sobre a importancia de coidar este mundo tan diferente, pero tan igual no esencial.