ANIVERSARIOS DE OUTUBRO

Este mes cumpriron anos ...
MARTINA de 3ºB e MARA de 3ºC

 

 ..............................................................................................................................................

SAMAÍN


A noite de Samaín para os Celtas era a noite máis perigosa do ano porque as portas do Outromundo abríanse nesas horas e as ánimas podían visitar este mundo e aos seus moradores.


No colexio o Samaín é unha conmemoración que aproveitamos para investigar sobre as nosas tradicións e para traballar emocións coma o medo.



Tal día como hoxe as clases énchense de bruxas, vampiros, zombies, demos, esqueletos, etc.




Na nosa aula, Daniela, Víctor, Gael e Hugo estiveron lendo para os seus compañeiros/as varias lendas intentando meterlles o medo no corpo.


Despois xuntámonos tódolos de terceiro para pasar xuntos polo túnel do terror, onde esqueletos, bruxas e monstros agochábanse para asustarnos.

Alí algúns ...... morreron de medo e ......... outros ...... morreron de risa. Os gritos mesturábanse coas gargalladas. Nin uns nin outros esquecerán a experiencia. 

Ao final do túnel un espantallo contounos a lenda de "Jack, o lanterna", mentres uns seres misteriosos paseaban a modiño entre as sombras. 

Ás veces é divertidísimo pasar medo!!!!!

QUÉ SABES DO SAMAÍN?

HALLO.... QUÉ?

Non será SAMAÍN? 

Propoñémosvos que investiguedes e descubrades as orixes desta festa que se celebra a noite do 31 de outubro.

Tedes que responder a estas preguntas:

   Que   é   o   Samaín?
   Cal   é   a   súa   orixe?
   Qué   se   facía   antigamente   na   festa?
   Qué   significa   a   palabra   Samaín?
   Por   qué   os   Celtas   consideraban   esta   noite   coma   a   noite   máis .......perigosa   do   ano?

Aquí tedes algúns enlaces onde atoparedes información:

SAMAÍN I          SAMAÍN II          SAMAÍN III

E despois de investigar, pasádeo ben facendo monstros. O que vedes na imaxe é o meu. Premede sobre ela, deixade cargar a páxina, darlle a "start" e facede o voso.

(Fai clic enriba)

A VISITA DE LÚA

O venres, Lúa, a mascota da nosa biblioteca, fíxonos unha visita. Recibírona tódolos nenos e nenas do segundo ciclo xuntos. Lúa contou que estivera de viaxe polo mundo e que comprou moitos libros, sobre todo cómics porque este curso todo o colexio vai traballar sobre este xénero literario. Xa os ten todos colocados na biblioteca polo que xa se pode ir tanto no recreo coma na hora que lle toca a cada clase. Tamén trouxo os carnés para que empecemos a utilizar o servizo de préstamo, e as mochilas viaxeiras para levar a cada casa libros para tódolos membros da familia. Lúa foi recibida con gran entusiasmo pois a todos lles encanta que de cando en vez veña polo "cole". Un representante de cada clase fíxolle entrega  da primeira tira cómica dedicada a ela e a Lúa encantoulle e animounos a ler e escribir moito.


Éste é o cómic dedicado a Lúa: En cada viñeta Lúa percorre unha dependencia do colexio e comparte as actividades cos nenos, nenas e "profes" que vai atopando no seu camiño.


O TRABALLO CONTINÚA NA CASA



Julica construiu unha guitarra seguindo a técnica da caixa con gomas que temos na clase. 
Cando a fixo soar puidemos diferenciar notas agudas e outras máis graves.
Ademais baixamos as persianas e vimos como algunhas das gomas brillaban na escuridade.













Maya  fixo esta moneca tan bonita con diversos materiais que se podían levantar para descubrir varios ósos e órganos do corpo humano.




Estela encontrou unha historia de medo que escribiu e logo leu para nós. Recordamos con ela que se está acercando o Samaín e que temos que empezar a prepararnos para pasar... 
moito  medo.  

Grazas ás tres por traballar tanto e tamén por compartilo connosco.

PRESENTÁMONOS

No mes de setembro os nenos e nenas de terceiro escribiron cousas sobre si mesmos para que os demais os coñecesen mellor. Falar e escribir en galego cústalle bastante á maioría.  Tamén fixeron acrósticos cos seus nomes buscando no diccionario palabras axeitadas a súa personalidade. Nalgún caso foi difícil encontralas porque non había moitas onde escoller ou eran letras que non existen no alfabeto galego. As ilustracións tamén foron feitas nas primeiras semanas do curso. Este é o vídeo cos seus traballos.

SEGUIR INSTRUCCIONES Y TOMAR DECISIONES

Seguir instrucciones es muy importante porque nos ayuda a hacer bien una tarea y rentabilizar el tiempo empleado en resolverla. Poner atención al leerlas y no saltarse ningún paso hará que alcancemos con éxito nuestro objetivo.

En esta ocasión había que HACER UNAS CHANCLAS.

Las instrucciones estaban escritas y eran las siguientes:
Primero, se pone un pie sobre la cartulina y se dibuja el contorno.
Luego, se recorta el pie que hemos dibujado.
Después, se hacen tres agujeros.
Por último, se pasan por los agujeros dos cintas de colores.
( Se repiten los pasos para hacer la pareja)


Las dificultades principales no fueron seguir las instrucciones. Fue más complicado decidir cómo colocar el pie en la cartulina para que quedase sitio para la segunda chancla, cómo hacer los agujeros, cómo introducir la lana por ellos, dónde hacer los nudos para que no se soltara la lana …

Pero finalmente se consiguió el objetivo. Ahora sólo falta decorar, numerar, etiquetar... (detalles que no están en las instrucciones pero que son sugerencias de un grupo de niños y niñas... muy creativos).


Y ahora, mucha atención ......

Si leiste el texto e hiciste lo que manda, ganaste.
Si hiciste caso a la flecha, perdiste.

Si vas a seguir instrucciones, lee siempre con mucha atención.

EXPERIMENTOS CO OÍDO

O tímpano é unha membrana que vibra cando percibe un son. Hoxe construímos un artificial que fixemos vibrar coa música e así comprobamos como funciona o tímpano do noso corpo.


Usamos un vaso, un globo, unha goma (opcional) e arroz.






Cortamos o extremo do globo e cubrimos o vaso.
Colocamos os grans de arroz enriba do vaso e deixamos soar unha música marchosa.








A música fai vibrar  a superficie do globo e os grans de arroz ao notar as vibracións non paran de bailar.








Tamén construímos un instrumento musical moi sinxelo.

Necesitamos unha caixa e gomas elásticas de diferentes grosores.





Axustamos as gomas á caixa  e facémolas vibrar. De cada unha sae unha nota diferente. 

Unha guitarra funciona dun xeito parecido.



EXPERIMENTOS CO OLFACTO E O GUSTO

Hoxe realizamos experimentos nos que os sentidos do olfacto e o gusto foron os protagonistas.
Gael, Lucas, Noelia e Melanie foron os encargados de facer as mesturas: en catro vasos que tiñan auga, disolveron respectivamente un pouco de vinagre, café, sal e azucre.


Xa todos saben moi ben que os olores chegan ás fosas nasais e que no seu interior está a pituitaria que é a encargada de recoñecelos.
Tamén saben que a lingua está cuberta  polas papilas gustativas coas que captamos os diferentes tipos de sabores e que cada zona da lingua detecta mellor un deles: amargo, ácido, salgado, doce e umami.

Unha vez feitas as mesturas chegou a hora de degustalas. Cada un foi pasando pola mesa de probas, autoservéndose cun miñivasiño,  experimentando ...... e poñendo caras!


Todos quixeron repetir incluindo os sabores amargos, ácidos ou salgados, pero gracias a Noelia que trouxo unhas estreliñas moi doces e quixo compartilas cos seus compañeiros/as ............


o experimento rematou así .....


LA COMUNICACIÓN

La forma de comunicarse más habitual es con palabras,
 ya sea de forma oral o escrita. 

--

( Haz clic encima de la imagen para saber más sobre el alfabeto Braille )



Otra forma de comunicarse es la comunicación no verbal, que se realiza a través de gestos, imágenes o sonidos.





OS SENTIDOS

Comprobade o que sabedes. Elexide o texto e as actividades en galego e así usaredes o mesmo vocabulario que empregamos na clase.


  


  

GALLETAS MÁGICAS

Hoy Santi explicó a sus compañeros y compañeras una receta para hacer galletas mágicas, que previamente había experimentado en su casa. Puso mucho interés en recordar que si querían hacerlas de nuevo, tenían que respetar las medidas pesando muy bien cada uno de los ingredientes. 
¡Gracias, Santi, por las galletas y por la explicación!



¡QUÉ RICO!

En la clase de Lengua Castellana estuvimos trabajando con recetas y aquí están algunas llevadas a la práctica por tres alumnos de 3ºB con ayuda de sus familias. Estela trajo un bizcocho, Alejandro un pastel de frutas y Julica trajo nubes de azúcar. Los tres explicaron a sus compañeros/as que ingredientes habían usado y como había sido el proceso de elaboración. Muchos tomaron  notas para poder hacerlas en casa y, por supuesto, todos probaron y se relamieron de gusto. Fue una estupenda clase de lengua, de matemáticas (por todas las medidas que tuvieron que anotar) y de " coñecemento" porque los sentidos de la vista, oído, tacto, olfato y, sobre todo, gusto, estuvieron muy activos en toda la clase.