ANIVERSARIOS DE DECEMBRO




Este mes cumpriron anos ...



DÉBORA,  PABLO 
e   TATYANA   de 3ºA

SANTI,  DANIELA,
MATEO  e  MELANIE  de 3ºB

RUBÉN   de 3ºC 





 

                  

 ..................................................................................................................................................................

BO NADAL





                                           


FESTIVAL DE NADAL

Rematamos as clases este trimestre cun festival onde actuaron nenos e nenas de tódolos cursos. Un pequeno grupo de 3ºC tocou a guitarra e logo uníronse tódolos demais para cantar unha panxoliña. Máis tarde os de 3ºA e 3ºB cantaron xuntos. Ao rematar as actuacións compartimos unha "cuchipanda" cos compañeiros/as de cuarto.


Co estómago cheo volvemos ás clases para agardar a visita de Papá Noel... Elena e Lucía tocaron a guitarra para facer menos longa a espera.


A NOSA ÁRBORE DE NADAL




















Así de bonita quedou a árbore de nadal que fixemos na clase. As bólas son personaxes de cómic e arriba de todo puxemos a Charlie Brown, que será sobre quen haberá que investigar no próximo trimestre.

AS PLANTAS NA CLASE

Julica trouxo unha póla de acivro, que encontrou un veciño seu. Explicounos que o acivro está en perigo de extinción e que se vedes este Nadal unha coroa de acivro natural nalgunha porta estaredes presenciando un delito ecolóxico. O acivro medra en zonas de barrancos e bosques de faias e carballos. É un arbusto e ten unhas follas fáciles de recoñecer pola cores que ten e porque os bordos rematan en puntas moi afiadas. Os froitos son unhas boliñas de cor vermella, de entre 7 e 10 mm de diámetro. No seu interior conteñen catro sementes duras. Son velenosos para o home, pero alimentan a moitos paxaros na época onde escasea a comida para eles, o inverno.

Estela trouxo unha planta que se chama rhipsalis.
Explicounos que é un cactus colgante. Os seus talos vanse ramificando e adquiren unha forma moi peculiar que se parece a unha perruca. Bota flores, pequenas e brancas, ao final do inverno. Non lle gusta o sol directo, pero si a calor. Necesita moi pouca auga; só hai que regalo unha vez á semana e é preferible botarlla pulverizada. Para que a planta teña alimento suficiente Estela botalle uns "carbonciños" que merca na floristería e que enriquecen a terra onde está plantada.

Mateo trouxo un anthurium
Desta clase hai moitísimas especies distintas. A súa é unha planta de interior e tena sobre un moble. O talo é herbáceo. As follas son moi longas e con forma de corazón. Bota unha "flor" no medio. En realidade non é unha flor, é un espádice, que é unha espiga chea de pequenas flores, envolta por unha folla de distinta cor ás que ten a planta e que fai que destaque sobre elas. Neste momento non a tiña. 




CLASIFICACIÓN DAS FOLLAS

Os nenos e nenas de Terceiro C estiveron recollendo follas e despois clasificáronas seguindo varios criterios: a súa forma, o seu bordo, se era perenne ou caduca... O seus traballos están expostos para que todos poidamos seguir aprendendo.




A EXPOSICIÓN ORAL

Falar en público é unha habilidade que para moitos resulta difícil e que convén desenvolver.
É importante saber que para facer unha boa exposición oral hai que practicar para coller confianza e seguridade.
A postura do corpo, o uso das mans, mirar aos que nos están escoitando e ter un adecuado ton de voz facilitan que o público non perda a atención.

Os nenos e nenas da clase de 3ºA prepararon traballos sobre distintos animais, esta vez para facer unha exposición oral diante dos seus compañeiros/as.
Algúns disfrazáronse para chamar a atención dos demais. Varios falaron de memoria para poder mirar ao público, outros leron porque estaban máis nerviosos. Todos acompañaron o seu discurso de esquemas, fotos ou debuxos. 
Ao final todos saben máis.

MURAL COLECTIVO SOBRE OS ANIMAIS

Tódolos nenos e nenas de terceiro (A, B e C) colaboraron neste gran mural sobre os animais que ocupa un corredor enteiro do colexio. Repartironse o traballo e buscaron información de diferentes animais de modo que houbese varios exemplos de cada grupo. Na investigación tiñan que buscar datos sobre alimentación, a forma de reproducirse, cómo se desprazaban ou en que entorno vivían. Ademais tiñan que buscar características propias do grupo ao que pertenecía cada un deses animais e características que os diferenciase doutras especies do mesmo grupo. Con fotos ou debuxos completaron o traballo, que agora está a disposición de todos para seguir aprendendo.


MÁIS TARTARUGAS NA CLASE


As tartarugas son mascotas habituais nas casas de moitos nenos e nenas porque non ocupan moito espazo e son fáciles de coidar.
Víctor trouxo a Turbo, que ten ese nome porque é moi rápida e demostrouno andando a toda velocidade por riba da mesa facendo as delicias de todos e todas. A Víctor gústalle sobre todo o debuxo que ten pola parte de abaixo da cuncha. Con él aprendemos que o grupo das tartarugas tamén se chaman quelonios e que están divididos en familias, cada unha co seu nome. A súa pertenece á familia das Emiledas e procede dos Estados Unidos.
Mateo sorprendeunos con Berta, que medía 15 centímetros e pesaba 350 gramos. Contounos que o seu nome científico é Trachemys Scripta Elegans, pero tamén se lle coñece como Tartaruga de Orellas Vermellas ou Galápago de Florida. É unha femia e pode chegar a medir vinte centímetros. Os machos son máis pequenos e non pasan de 10 cm. Procede do norte de México. O seu bote de comida, por suposto, tiña un tamaño maior que o das outras tartarugas que visitaron a clase. Como era tan grande, a Berta permitímoslle andar polo chan da clase e deu un gran paseo visitando tódalas esquinas.

MOITAS GRAZAS AOS DOUS!

Despois, como xa sabemos moitas cousas sobre es tartarugas terrestres e as de auga doce, estivemos lendo información sobre tres das principais tartarugas mariñas: a tartaruga laúde, a tartaruga "carey" e a tartaruga verde. As tres viven en augas cálidas  de diferentes océnos e as tres están en perigo de extinción. Cada unha delas aliméntase de forma diferente e como curiosidade aprendemos que a laúde ten que viaxar moito para atopar unha praia onde poñer os ovos, a "carey" é considerada un manxar exquisito na India e na China, e a tartaruga verde chámase así pola cor da grasa que ten debaixo do caparazón.

TRABALLO COLABORATIVO

A proposta era plasmar nun mural os coñecementos que cada grupo tiña sobre os animais.

O traballo en grupo ten múltiples ventaxas, das que destacamos:

Involucramento de todos no proceso.
Alta probabilidade de que aparezan novas ideas.
Mellórase a comunicación.
Aumenta o respecto polas ideas dos outros.
Desenvolve as relacións interpersoais.
Produce resultados de maior calidade.
A información compartida significa maior aprendizaxe.

UN COELLO NA CLASE



Snow é o coello de Olivia. É un coello macho que veu de Australia, como o pai de Olivia. A súa raza é anana, polo que, aínda que só ten seis meses, non vai medrar moito máis. Como é herbívoro come vexetais e tamén penso. Gústanlle tamén as cenorias, como a tódolos coellos. Está cuberto dun pelo supersuave e ten as orellas moi longas. Olivia contounos que é moi tímido,  pero deixouse tocar sen problema. En casa de Olivia hai outro coello máis que é femia.

Os compañeiros/as de Olivia fixéronlle preguntas e logo desfrutaron moito acariñándoo.


MOITAS GRAZAS OLIVIA!

TARTARUGAS NA CLASE.



Titi é a tartaruga de Santi e acaba de chegar á súa casa. Estaba moi espabilada e correteu pola mesa varias veces. Santi contounos  que Titi e tódalas tartarugas precisan da luz do Sol para manter o seu corpo quente porque teñen o sangue frío. Tamén que non poden respiran igual que os outros animais porque a columna vertebral está unida ao caparazón. Ademais comentou que mudan de pel pero fano pouco a pouco. Completou o seu traballo ensinándonos un libro  onde había información sobre outras especies de tartarugas.

Perla é a tartaruga de Estela. Leva vivindo na súa casa catro anos e agora está hibernando porque fai frío. Por iso estivo sen moverse mentres Estela falaba sobre as características destes réptiles. Contounos  como diferenciar a un macho dunha  femia  fixándonos no tamaño da cola, da necesidade que teñen de calcio para ter dura a cuncha, de como fan para poder esconder a cabeza, etc. Tamén trouxo o bote de comida que lle da normalmente.

Despois de rematar as "miniconferencias", abriuse a respectiva quenda de preguntas e por último vimos fotos de diferentes réptiles, con e sen patas, e coñecemos máis datos sobre as tartarugas:
-Non resisten temperaturas elevadas.
-Hibernan normalmente de outubro a marzo.
-A femia poñe os ovos en verán.
-As tartarugas poden vivir máis de cen anos.
-Hai máis de 300 especies diferentes en todo o mundo.
-A maioría destas especies están en perigo de extinción.
-Os incendios forestais matan moitas tartarugas que viven en liberdade.




MOITAS GRAZAS AOS DOUS!

UN HÁMSTER NA CLASE



Un hámster coma este, estivo na nosa aula. Chámase Odd e ten tres anos. Lucas, que é o seu dono, preparou un traballo sobre a súa mascota e asistimos á primeira das "miniconferencias" deste curso sobre animais.
Entre outras cousas contounos que come pipas, noces e sementes e ás veces garda comida na boca para comela noutro momento.
Gústalle que o acariñen, pero nese momento pode morder. Pola mañán fai exercicio. Encántalle correr e xogar e demostrouno na clase facendo xirar a toda velocidade a roda da súa gaiola.
Lucas falou durante un rato e logo contestou tódalas preguntas que lle fixeron os seus compañeiros/as.
Ao final completamos a información con máis datos sobre este tipo de animais. Por exemplo:
-Viven sobre catro anos.
-Como son mamíferos, as nais levan as crías no seu ventre durante 20 días (dúas veces no mesmo ano).
-Poden nacer entre 4 e 18 fillos.
-Hai moitas razas de hámsters domésticos.
-Poden ter pelo branco, de cor crema, negro ou a manchas.
-Hai unha raza que non se pode domesticar porque enfádase con moita facilidade.
-Este último tipo vive cerca dos campos de cereais e fai madrigueiras cheas de galerías onde ten unha gran despensa de sementes. Pode acumular ata 30 kilos.

Grazas Lucas! Encantounos coñecer a Odd!

O XORNAL NA CLASE


A semana pasada os nenos e nenas estiveron buscando noticias sobre animais nos xornais. Estes eran os titulares das que encontraron e leron na clase:

"AIR BERLÍN PAGARÁ POR DEJAR MORIR DE SED A UNA MASCOTA".
Nesta cóntase como un can, que ía viaxar en avión, morría no aeroporto de Sevilla porque deixárono moito tempo ao sol. Ao dono non lle dixeron nada ata que chegou ao seu destino. 

"EN SIRIA COMEN GATOS Y PERROS PARA NO MORIR DE HAMBRE".
En Siria están en guerra e unha das consecuencias desgraciadamente é a falta de alimentos.

A última non é mala como as anteriores e ademais estaba escrita en galego:

"A LONGA VIAXE DESDE O MAR ATA O AQUARIUM FINISTERRAE".
Conta como se fan as capturas de peixes vivos e o coidadoso que ten que ser o transporte, para encher as piscinas do acuario da Coruña.